martes, 17 de junio de 2008

Final Copa da Costa 2008

Ponteceso e Cee son os finalistas da edición do torneo número 45. O Cee derrotou nas semifinais ao Soneira (1-1, na ida; 2-3 na volta). O Ponteceso chega á final despois de enfrontarse ao Carnota: gañou como visitante na ida (3-4) e tamén na súa casa na volta (2-0). A deste ano trátase dunha final inédita. O Cee posúe 7 títulos copeiros e o Ponteceso 3. A final dispútase a dobre partido. O domingo 22 de xuño no Novo Raíces ceense a ida. A volta, unha semana despois, o domingo 29 de xuño, no campo pontecesán do Pinguel. Ámbolos dous ás seis da tarde. A entrada custa 5 euros. RadioVoz retransmitirá en directo esta final. As emisións comezarán trinta minutos antes de cada encontro no 99.8 do teu dial, ou ben podes escoitarnos por internet. Como vedes esta final? Son Cee e Ponteceso os equipos que merecían chegar a esta final?

No hay comentarios: