martes, 26 de febrero de 2008

Tensión entre o Fisterra e o Dumbría

Os xogadores do Fisterra Guardiola e Mané deixaron o Fisterra para fichar polo Dumbría. Os directivos fisterráns quexáronse das formas:

En Radio Voz:

Quico Benlloch, presidente do Fisterra:
"O Dumbría falou comigo cando xa falara cos rapaces. Eu perdoo pero non olvido. Se podo, algún día pagareille ao Dumbría coa mesma moeda".
José Manuel Pequeño, presidente do Dumbría:
"Pido desculpas ao Fisterra se fixemos algunha cousa mal. Buscábamos reforzar ao equipo. Non me podía quedar cos brazos quietos e vou intentar salvar ao equipo como sexa".

Que vos parece o que pasou? Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

domingo, 24 de febrero de 2008

Laracha, 1 - Bergantiños, 1

0-1, min 17: Dani
1-1, min 75: Míchel

Que vos pareceu o partido? E o resultado?

Opina ou critica sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

viernes, 22 de febrero de 2008

O Balonmán Camariñas: 1000 euros de multa e clausura de dous partidos

ACTA Nº 21 (20-02-08)
COMITÉ TERRITORIAL DE COMPETICIÓN
TEMPADA 07/08


A) DAR POR CONCLUIDO O ENCONTRO CO RESULTADO REFLECTIDO NO MARCADOR NO MOMENTO DA SUSPENSIÓN:
C.B. CAMARIÑAS 28 – ATL. NOVAS 26
B) IMPOÑER Ao C. B. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA,
A SANCIÓN DE MULTA DE 1.000,00 EUROS E CLAUSURA DO TERREO DE XOGO POR DOUS (2) ENCONTROS OFICIAIS
por infracción tipificada no artigo 50 apartado C) do RRD.
C) IMPOÑER Ao C. B. MECALIA ATL. NOVAS, A SANCIÓN DE APERCIBIMENTO por infracción tipificada no artigo 54 apartado J) do RRD.
D) IMPOÑER Ao XOGADOR DO C. B. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA
D. FELIPE SANTOS, A SANCIÓN DE SUSPENSIÓN POR DOUS (2) ENCONTROS OFICIAIS DE COMPETICIÓN
por infracción tipificada no artigo 34 C) do RRD.
E) IMPOÑER Ao XOGADOR DO C. B. MECALIA ATL. NOVAS
D. EROS LÓPEZ, A SANCIÓN de SUSPENSIÓN POR CINCO (5) ENCONTROS OFICIAIS DE COMPETICIÓN
por infracción tipificada no artigo 33 E) do RRD.
F) IMPOÑER AOS COLEXIADOS D. VICENTE PÉREZ E D. CÉSAR CARBALLO, A SANCIÓN de SUSPENSIÓN POR TRES (3) ENCONTROS OFICIAIS DE COMPETICIÓN MAILA PERDA DO 50% DOS DEREITOS DE ARBITRAXE por infracción tipificada no artigo
45 B) do RRD.
Todos os Clubs e Árbitros que na presente Acta impuxéronselle sancións económicas, deberán efectuar o pago das mesmas antes de 10 días á data de imposición das mesmas.Contra os devanditos acordos poderase interpoñer recurso no PRAZO MAXIMO DE DEZ DIAS HÁBILES a contar dende o seguinte o da suá notificación.

Andrés Cerdeiras, presidente de Balonmán Camariñas, en Radio Voz: "Es una decisión totalmente exagerada y no hacen caso a nuestras alegaciones. Habíamos presentado un video en donde indentificábamos a las cuatro personas del público que entraron en la cancha. No vamos a presentar recurso como señal de protesta".

martes, 19 de febrero de 2008

Especial Laracha-Bergan, en Radio Voz

Radio Voz volcarase esta semana no clásico comarcal entre o Laracha e o Bergantiños. O venres emitiremos un programa especial dende a cervexería La Bombonera, de Carballo, coa presenza dos adestradores Carlos Brizzola e José Antonio Moreira e os presidentes José Ceide "Canito" e José Cotelo. Comezará ás 14:15 e estará aberto á participación de todos. Esperámoste!!

Vamos quecendo motores... Que pasará no partido?

Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 18 de febrero de 2008

O Cee, virtual campión da Liga da Costa?

Tras a contundente victoria en Ponteceso (1-3), os de Manolín prepáranse para cantar o alirón... Ou aínda é moi cedo?

O Cerceda gañou e é segundo, o Bergan perdeu nas Eiroas e o Laracha empatou en Viveiro.
O Soneira desfíxose con claridade do San Lorenzo, o Paiosaco intenta respirar tras unha victoria e o Dumbría métese abaixo ao caer en Dorneda. O Zas afiánzase na zona media.

O Rhino's perdeu na cancha do Lan Mobel e o Agencia AM segue segundo tras gañar ao Narón.

O Calvo Xiria e Balonmán Camariñas gañaron os seus compromisos.

Opina ou critica sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Ponteceso-Cee: o partido definitivo?

Se o Cee gaña acabouse a Liga na súa primeira praza?
Se o Ponteceso acada os tres puntos está a tempo de asaltar o liderato?
O sábado, no Pinguel, ás 16.30 horas.



Así de espectacular é este estupendo video que se presenta na web do Union Club Cee para anunciar o partidazo do sábado

Que pasará? Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

O anexo á acta do Camariñas- Atl. Novás



Radiovoz tivo acceso ao anexo á acta do partido de balonmán Camariñas-Atlético Novás. Que foi o que pasou realmente, segundo a perspectiva dos colexiados? Aquí podédelo consultar (premede sobre as imaxes para ampliar):


lunes, 11 de febrero de 2008

Buscamos opinións da tángana do Camariñas-Atl. Novás

Armouse unha boa lea no partido de balonmán entre Camariñas e Atlético Novás. O partido foi suspendido a menos dun minuto de rematar o partido. Que foi o que pasou? En declaracións a Radio Voz:

Felipe, xogador de Camariñas:
"Tiña eu o balón no lateral dereito, ao intentar pasar ao meu compañeiro, o avanzado rival recuperou o balón. Fun darlle ao balón pero empurreino un pouco e caeu ao chan. Eu xa sabia que ia ser ser expulsado minimo por dous minutos, e como xa non quedaba tempo funme directo cara o banco. Nese momento escoito ao meu porteiro que berra: "coidado, coidado". Xireime e vin un xogador que me quería dar por detrás. Logo montouse toda a lea. Veu cara a min co puño, e grazas que me separei que se non dábame en toda a cabeza".

Nicolai Tsybanev, técnico do Novás:
"Los árbitros estuvieron todo el partido pitando a favor de ellos, quizás porque tenían miedo porque creo que alguno ya recibió ahí unas hostias. Estábamos perdiendo de cuatro casi todo el partido y al final robamos tres balones seguidos. Faltando unos 30 segundos, hubo una entrada fuerte de un jugador rival. Uno de mis chavales se levantó de la pista y empujó a otro. En ese momento saltaron de la grada varias personas, también del banquillo, a repartir hostias. Los árbitros se marcharon sin decir nada. Si la gente no hubiese saltado a la pista, la cosa hubiese quedado entre dos equipos, pero lo más feo de todo es que el público se fue a darle al chaval, que no es tan fuerte. Y aunque lo fuese, uno contra veinte no puede hacer nada".

Viches o partido? Cóntanos o que pasou e lerémolo en antena!

O San Lorenzo dálle a volta ao partido fronte ao Paiosaco nos últimos minutos

Non era para menos. Bo ambiente nas Eiroas para este partidazo. Ao final, cun home menos, o San Lorenzo marcou dous goles e gañou (3-2)
Victorias de Cerceda, Bergan e Laracha.
O Cee é máis líder tralo picazo do Ponteceso en Baio.

E o Rhino´s gañoulle ao líder!

jueves, 7 de febrero de 2008

San Lorenzo-Paiosaco, o partidazo da Primeira

San Lorenzo e Paiosaco xóganse un encontro vital para o futuro dos dous equipos na categoría. Será nas Eiroas, o domingo, ás 18 horas. La Voz del Deporte ofrecerá o venres un programa especial con todos os protagonistas.

Que pasará? Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

Nesterov: "Estamos de acuerdo las dos partes"

O ruso Yuri Nesterov recoñeceu onte en Radio Voz que as dúas partes (clube e xogador) están dacordo na súa fichaxe polo Balonmán Camariñas. Pincha aquí para escoitar parte da entrevista.

Sen embargo, o clube camariñán sorprendeu cunha nota emitida onte na que desminte ao xogador:
"No es de nuestro agrado el tener que enviar una nota de prensa de este tipo, pero es de interés del Club el que quede claro que todos los comunicados oficiales del Club se realizan por e-mail y por medio de los responsables de prensa para todos los medios de comunicación a la vez".

Para rematala, o Balonmán Camariñas emitiu o xoves un novo comunicado no que recoñece, punto por punto, que o ruso é novo xogador do Camariñas.

miércoles, 6 de febrero de 2008

Un campión olímpico ao Balonmán Camariñas

Foto: Xoan Carlos Gil (La Voz de Galicia)
O pivote ruso Yuri Nesterov (San Petersburgo, 1967) reforzará ao Balonmán Camariñas esta temporada. Nesterov recoñece que ao acordo só lle falta asinalo por escrito. O xogador, que vive na Coruña e foi medalla de ouro coa URSS nas Olimpíadas de Seúl, recoñeceu esta mañá en Radio Voz Bergantiños que está moi interesado en fichar e que nas próximas horas porase a disposición de Toni García. Le a nova en La Voz.

O Bergan consolídase

A contundente victoria ante o Ferreira (0-3), permite aos carballeses asentarse na cuarta praza.
A mesma posición ocupa o Cerceda, que goleou ao Ourense B (6-1)

O Paiosaco segue mellorando, o San Lorenzo cae, e Zas e o Dumbría sufren. O Soneira mantense nunha cómoda posición.

O Ponteceso perde fol e deixa escapar ao Cee.

Partido gris do Rhino's en Ponferrada, con derrota incluida.

Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.