martes, 26 de febrero de 2008

Tensión entre o Fisterra e o Dumbría

Os xogadores do Fisterra Guardiola e Mané deixaron o Fisterra para fichar polo Dumbría. Os directivos fisterráns quexáronse das formas:

En Radio Voz:

Quico Benlloch, presidente do Fisterra:
"O Dumbría falou comigo cando xa falara cos rapaces. Eu perdoo pero non olvido. Se podo, algún día pagareille ao Dumbría coa mesma moeda".
José Manuel Pequeño, presidente do Dumbría:
"Pido desculpas ao Fisterra se fixemos algunha cousa mal. Buscábamos reforzar ao equipo. Non me podía quedar cos brazos quietos e vou intentar salvar ao equipo como sexa".

Que vos parece o que pasou? Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

No hay comentarios: