jueves, 20 de diciembre de 2007

Entradas de balde para a disco Inn Out

Temos para vós un trogollón de entradas da discoteca Inn Out de Carballo que nos deixaron para os oíntes de La Voz del Deporte. Son para o sábado 22 (Orquestra TVG, 23 horas). Só tedes que vir por Radio Voz, na Gran Vía, 84, 1º. Regalamos 5 entradas por cada un que veña a calquera hora do día, entre o xoves e o venres.

martes, 18 de diciembre de 2007

Bó Nadal amigooooooooos!!!

Premede sobre a foto e bailaremos para vós (así, de balde)

En fin, meus, xa sei que non somos moi orixinais (a nosa cabeza non dá para tanto) pero aquí vos deixamos a todos a nosa felicitación de Nadal. Aproveitando a xeada caída en Bértoa, Kiko Novoa e Juanjo Vales vestíronse de elfos (belfos, habería que dicir...) e marcáronse un dancing que rompe coa pana. Bicos e besos, meus reis, e Bo Nadal para tutti!

lunes, 17 de diciembre de 2007

O Fisterra foi mellor?

Disque si, ante o Cee, polo visto no marcador (2-1). Mané marcou un golazo olímpico.

O Laracha será quen de sobrepoñerse á primeira derrota da era Brizzola?

Que vos parece que o Marín Peixegalego no accedera a suspender o partido de Rhino's Xiria tralo pasamento do pai de Héctor Añón? Os carballeses perderon (77-62)

Opina, critica ou anima sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 10 de diciembre de 2007

O San Lorenzo golea, Vituco salva ao Soneira e o Lira cambia a cara

Será o inicio da remontada dos de Berdillo?
Hai Vitucodependencia?
Sil era o que necesitaba o Lira para gañar?

Opina, critica ou anima sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 3 de diciembre de 2007

O Corme levouse o clásico

Ponteceso,1 -Corme, 2
Dinme que o Corme fixo unha clase de fútbol sobre o campo.

O Laracha de Brizzola: catro partido, catro victorias, cero goles encaixados
O Sp. Zas asoma pola parte alta. Podería ascender?

O Atlético Pereiriña consigue unha victoria histórica: a primeira oficial

Opina, critica ou anima sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 26 de noviembre de 2007

Partidos críticos

Contade, porque esta fin de semana vivimos partidos con polémica:

-O Flavia deu leña ao Laracha ata dicir basta
-O Soneira gañou pola mínima
-O San Lorenzo perde nun partido tolo (2-3)
-O Calvo Xiria gañou ao Camariñas nun partido onde os árbitros decidiron, e moito

Opina, critica ou anima sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

viernes, 23 de noviembre de 2007

O gran día do balonmán: Carballo vs Camariñas


O sábado párase a bisbarra: Calvo Xiria-Balonmán Camariñas (5 da tarde). No espacio Golpe Franco estiveron coma todos os xoves os técnicos Toni García e Marcos Rodríguez. Tamén compartiron tertulia, dous dos máximos anotadores: Felipe (Camariñas) e Roberto Álvarez (Calvo Xiria).

martes, 20 de noviembre de 2007

Debería ser cesado Pablo Mallón?

A situación do Paiosaco levanta o ruxe ruxe sobre o futuro do seu técnico. Que vos parece?

O Dumbría entrou con éxito no novo escenario de O Conco.

O Laracha recupérase tras a chegada de Brizzola. Entra dentro da lóxica ou é algo circunstancial?

Opina, critica ou anima sobre calquera deporte, de calquera equipo. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

O Laracha cesa a Oscar Gilsanz

Tal e como adiantou onte Radio Voz, o Laracha busca substituto para Gilsanz. Que vos parece? É unha decisión axeitada? A quen traeriades?

martes, 6 de noviembre de 2007

Que lle pasao ao Cee?

Credes que o equipo de Manolín está en horas baixas?
Que opinades da situación do San Lorenzo e do Paiosaco?
E da derrota do Rhino´s?

Opina, critica ou anima sobre calquera deporte, de calquera equipo. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

martes, 30 de octubre de 2007

Fin de semana pletórica... e golpe de timón do Ponteceso

Gañaron Cerceda, Bergan, Laracha, Rhino´s, Agencia AM, Calvo Xiria... Quen recorda tal cousa?
No partidazo no Novo Raíces, o Ponteceso gañou e queda a un paso de atrapar ao Cee no primeiro posto.
Dani Carracedo proclamouse campión de España júnior.

Opina, critica ou anima. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 22 de octubre de 2007

Laracha, Bergan, Sp. Zas, Rhino's...

O Laracha xoga ben pero non gaña. Por que?
O Cerceda, trala última victoria, ten trazas de comezar a escalada?
O Bergan empata no seu primeiro partido da súa "peregrinaxe" fora das Eiroas? Será capaz de adaptarse?
Cóntanos a situación do Sp. Zas, Soneira, Dumbría, San Lorenzo, Paiosaco...

O Rhino's Xiria é imparable? E o Agencia AM?

Viches ao Calvo Xiria ou ao Camariñas de balonmán? Que vos parecen?

Opina, critica ou anima. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

martes, 9 de octubre de 2007

A Xornada

Que vos parece que o adestrador do Fisterra, Angel López, presentara a demisión tras o partido fronte o Nantón?
E a derrota do Bergan?
E a goleada do Soneira en Berdillo?
E o primeiro punto do Alcaián e do At. Pereiriña?

Opina destes e doutros asuntos que che pete. Critica ou anima. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 1 de octubre de 2007

Bergantiños-Laracha, o clásico

Opinade sobre o gran clásico bergantiñán:

Quen é o favorito?
Quen se reforzou mellor?
Cales son as súas carencias?
Cales son os obxectivos?

Adiante, déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

martes, 25 de septiembre de 2007

A Xornada: e ti que opinas?


O Cerceda perdeu na casa
O Bergantiños segue coa súa excelente xeira
O Laracha volveu perder
Paiosaco, San Lorenzo e Dumbría perderon
Braulio, adestrador do Soneira, saiu ao campo e fixéronlle un penalti que lle deu a victoria ao seu equipo.
O Sporting Zas fixo un bo partido pero non logrou gañar
O Cee perdeu e o Ponteceso é líder da Segunda
O Xallas lidera a Terceira.
Toni Lorenzo e Arturas lideraron a victoria do Básquet Xiria.
Agencia AM gañou con contundecia en Vigo
O Playa da Serra empatou na casa.
Foches a algún partido esta fin de semana? Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

viernes, 21 de septiembre de 2007

A nova fichaxe de Calvo Xiria, en Radio Voz


O arxentino Sebastián Álvarez acudiu aos estudios de Radio Voz Bergantiños para dirixirse á afección do Calvo Xiria de balonmán, onde xogará esta temporada.


GOLPE FRANCO, OS XOVES EN LA VOZ DEL DEPORTE



Os adestradores dos dous prinicipais equipos de balonmán da Costa da Morte acudirán á tertulia dos xoves en La Voz del Deporte. Toni García (Camariñas) e Marcos Rodríguez (Calvo Xiria) compartirán cos oíntes as traxectorias dos dous equipos na temporada.

jueves, 20 de septiembre de 2007

O lituano de Básquet Xiria, en Radio Voz


A fichaxe estrela do Xiria para esta temporada, o lituano Arturas Kaubrys, elexiu Radio Voz como primeiro medio de comunicación para presentarse ante a afección. Trátase dun pívot de 2.07 e 24 anos (7-4-83) formado nunha escola de baloncesto tan prestixiosa como a lituana. Kaubrys deu o salto a profesionais no Neptunas, da primeira división lituana, no que compartiu enfrontamentos con equipos tan prestixiosos como o Zalguiris Kaunas ou o Lietuvos Rytas. Alí estivo durante o período 2001-2005 disputando a Liga Lituana e a Liga Báltica. No ano 2005 pasou ó Nafta, da Segunda división, co que conseguiu o ascenso á Primeira o pasado mes de xuño.
Que vos parece a súa fichaxe?

lunes, 17 de septiembre de 2007

Que foi o mellor da xornada?

O Cerceda acadou outra remontada.
O Bergantiños fixo o nunca visto nas Eiroas: 6-0.
O Laracha ía perdendo no minuto 30 por 3-4 e acabou cunha derrota abultada (3-6).
Vistes o derbi entre Dumbría e Sp. Zas?
O Cee apeou con claridade á Esteirana do liderato: 4-0
O segundo gol de Jesús (Xallas) foi impresionante. Alguén o viu?

Comentade a xornada e lerémola en antena.

martes, 11 de septiembre de 2007

Que futuro ten o Bergantiños como entidade?


Que debería de facer a directiva do Bergan para enganchar á afección? Opinade!

A nova programación de Radio Voz

Xa sabedes que estrenamos nova programación. Pretendemos achegarnos máis os uns cos outros, os da radio cos oíntes. Nós con vós. E para eso, precisamente, comezou a andar a temporada de Radio Voz.


En La Voz del Deporte, escoitaredes sempre aos protagonistas. O noso obxectivo non é abrir La Voz de Galicia para poñernos a ler resultados. De 14.15 a 15 horas buscamos a análise coas voces autorizadas para compartir con todos vós as sensacións dos partidos e do día a día deportivo. La Voz del Deporte se reencontrará xa que logo cos seus analistas deportivos. Xa os coñecedes. Son un luxo para Radio Voz poder contar con eles. Os martes, na Área de Fútbol, estarán Manuel Varela Bardanca, José Antonio Silveira Sánchez, Antonio García Añón «Tonecho» e José Manuel Ferreiro, que darán un repaso á actualidade de Bergantiños, Cerceda, Laracha, Zas, San Lorenzo, Dumbría ou Soneira, entre outros. Os mércores teremos coma sempre a Zona Básquet con, entre outros, Víctor Melini e Joaquín Moreira; e o xoves Toni García e Marcos Rodríguez, os dous adestradores dos principais equipos da comarca, comporán a tertulia de balonmán, Golpe Franco.

Nas tertulias, tamén podedes participar vós. Non o dubidedes. Somos unha radio libre e aberta para todos. Podedes chamar en directo ao 981 70 22 00 ou 981 70 30 02. Contade co contestador de Radio Voz Bergantiños, 981 75 70 52, co correo electrónico carballo@radiovoz.com e con este foro de opinión. Escribídenos ou chamádenos para opinar, suxerir ou enviarnos os vosos comunicados de actividades deportivas.

Nova andaina
Para o equipo de Radio Voz Bergantiños, o inicio do novo curso radiofónico supuxo, amais de volver a ver vellos amigos e colaboradores, madrugar un pouco máis do habitual. A semana comezou con forza, achegando a información local ós oíntes da Costa da Morte a partir das oito da mañá, a nova hora de inicio do magazín Voces de Bergantiños, conducido por Cris Souto e coa dirección técnica de Juanjo Vales.
Ademais do novo horario, regresaron as tertulias de actualidade despois dun descanso estival. Xosé María Arán, Juan Cancela e Pedro González analizaron o porqué da mala reputación do colexio Xesús San Luis Romero de Carballo e denunciaron, unha vez máis, o abandono do patrimonio arquitectónico, cultural e arqueolóxico da comarca. Entre toda esta riqueza descuidada están as casas rectorais do 25 por cento das parroquias da Costa da Morte.
A Festa da pataca, que se celebrará a vindeira fin de semana, foi o tema tratado por Luis García no retorno das Voces do Agro , que permanece atento a todas as novidades e avances do sector agrario. No espazo de onte estivo o produtor do famoso tubérculo de Coristanco José Antonio Pose Sande.
Ao longo de toda a semana iranse incorporando os colaboradores habituais do magazín e haberá sorpresas, coma o sorteo en directo, mañá mércores, dos premios da promoción de verán do Centro Comercial Aberto de Carballo. Este sorteo é habitual en Radio Voz Bergantiños. Dende hai varios anos, os comerciantes carballeses elixen a emisora máis veterana da Costa da Morte para traerlle ventura aos seus clientes.

A emisora é a primeira da comarca e xa cumpriu 22 anos dando servizo ao Fisterra galego.

Radio Voz é vosa. E La Voz del Deporte a casa de todos.

viernes, 7 de septiembre de 2007

O Básquet Xiria, esta temporada

Que vos parecen os reforzos do Básquet Xiria? Credes que o clube debería fichar algún xogador máis? Que credes que ocurrirá esta temporada?

jueves, 23 de agosto de 2007

Ánimo Rubio!!!

A solicitude dun foreiro (con bó criterio) abrimos unha fiestra para que animedes ao Rubio, o xogador do Sp. Zas que permanece hospitalizado tras unha dura lesión no amigable que disputou o seu equipo ante o Fisterra.

Moitísimo ánimooooooooooooooooo!!!!

lunes, 20 de agosto de 2007

As formacións dos equipos

Gústanvos os xogadores que ficharon os equipos da comarca (Cerceda, Laracha, Bergan, Cee, Sp. Zas...)? Quen credes que serán os favoritos esta temporada?

miércoles, 11 de julio de 2007

Xa estamos de voltaaaaaaa

Acabadas as vacas regresamos ao chollo. E encantados!! Estamos en contacto! Xa sabedes, a información deportiva da Costa da Morte, a diario no 99.8 FM de Radio Voz, e no teu xornal, La Voz de Galicia.

domingo, 1 de julio de 2007

O CEE, CAMPIÓN DE COPA!!


Parécevos xusto? O campo (recén inaugurado) influiu negativamente no Soneira? Vistes o partido? Conta, conta...

lunes, 25 de junio de 2007

Cee ou Soneira?

Un ano máis (e van oito), José Manuel Ferreiro retransmitiu para Radio Voz a tradicional final. Nesta edición o acompañaron nos comentarios Berto, adestrador do Zas (primeiro pola esquerda); Manolito, adestrador do Porteño (terceiro); e o ex colexiado internacional Raúl García de Loza.


Vístes o partido de onte? Que vos pareceu?
E tras o encontro... Quen é o voso favorito?

viernes, 15 de junio de 2007

Con todos vostedes... o Rhino's Xiria


Que vos parece a nova camiseta do Xiria de basket? Velaí tedes un boceto (aínda que o branco mudará a prata na versión final). O patrocinador apostou forte polo equipo: catro temporadas.

viernes, 8 de junio de 2007

Os alevíns e benxamíns do Xiria de balonmán, campións provincias


Jorge, Javier e Daniel acudiron a Radio Voz acompañados do adestrador Marcos Rodríguez

lunes, 4 de junio de 2007

Saúdos a Georgia, California e Reino Unido!!

Hoxe tivemos as nosas primeiras visitas ao blog dende terras lonxanas. Saúdos a Georgia e California, en EEUU, e ao Reino Unido. Escribide e explicádenos que tal por aí!! Que facedes? Sodes da Costa da Morte? Cajo na tos... parezo xornalista...

E grazas a todos os que estades a entrar diariamente neste punto de participación. E non vos cortedes, opinade, que para eso estamos. Logo, esas opinións lerémolas en antena.

Saúde!

Hai favoritos para a final da Copa da Costa?

Xa temos nova enquisa na que podedes participar (na marxe dereita).
Pero ide contestando:
Que final prognosticades?
Haberá sorpresas?
Xa hai un claro favorito?

O Laracha non mereceu descender

Cando menos é o que reflectiron os participantes da nosa última enquisa:

Merece o Laracha o descenso de categoría?
60% NON
40% si

Exitazo do Día da Bici en Carballo


Grazas a todos!!!!!

jueves, 31 de mayo de 2007

Todo listo para o Día da Bici, en Carballo


O presidente do Clube Ciclista de Carballo, Manuel Seoane, acudiu aos estudios para explicar os últimos preparativos do Día da Bici do domingo, que organiza Radio Voz e La Voz de Galicia.

Os campións alevíns de Artai, en Radio Voz


Os alevíns de baloncesto de Artai, de Carballo, xunto co seu adestrador, Joaquín Moreira, celebraron con toda a audiencia de Radio Voz o campionato provincial. Felicidades!

miércoles, 30 de mayo de 2007

Día da Bici, en Carballo, o domingo


Radio Voz e La Voz de Galicia organizan, en colaboración co Concello de Carballo, Protección Civil, Policía Local, Clube Ciclista e a Garda Civil unha nova edición do Día da Bicicleta. O acontecemento está previsto para o vindeiro domingo e está patrocinado por Sogama e o Centro Comercial Haley Bergantiños.

Trátase, como todas as edicións anteriores, e xa van quince con esta, dun paseo co propósito de chamar a atención sobre a necesidade de utilizar este medio de transporte non contaminante, de gozar dunha marcha en compañía de amigos, familiares e veciños e para practicar deporte. Andar en bicicleta é san, barato e ecolóxico.A concentración dos participantes será ás 10.30 da mañá.

A saída do pelotón está previsto para as 11 horas, da praza do Concello. Seguirá por Desiderio Varela, Vila de Negreira, Bértoa, Ponche de Oza, Avenida de Razo, Centro Comercial Haley, onde terá lugar o avituallamiento; rúa Perú, Luis Calvo, avenida de Fisterra, avenida da Milagrosa, A Brea, Berdillo, rúa do Sol e praza do Concello de novo. Aos participantes non se lles pide outra cousa que acudan provistos de casco e que respecten as normas que marque a organización. Ao final do percorrido haberá entrega de agasallos.Non hai límites de idade, aínda que os nenos de pouca idade deben acudir acompañados polos seus pais.

Agardámosvos a todooooooooooos!

martes, 29 de mayo de 2007

O Bergan, descendido


De quen é a culpa?
De todos? De ninguén? Da directiva? Dos adestradores? Dos xogadores? Do entorno?

sábado, 26 de mayo de 2007

A PORRA DA TERCEIRA

Está é a nosa aposta:


1) Fabril

2) Coruxo

3) Negreira

4) Vilalonga
----
18) Arousa

19) Laracha

20) Cruceiro

E a túa cal é?

viernes, 25 de mayo de 2007

España-Portugal de balonmán feminino, hoxe en Carballo (Pavillón Zona Escolar, 20:30 h)


Miguel Ángel Florido, seleccionador español: "Esperamos devolver hoy en Carballo el trato abrumador que nos ha dado Galicia estos días"


miércoles, 23 de mayo de 2007

Por onde pasa o futuro do Calvo Xiria de baloncesto?

O directivo Diego Vázquez e o novo secretario técnico, Víctor Melini, estiveron o mércores en Radio Voz

Ponteceso-Sofán: Chegou xa a paz?

O que aconteceu no último partido de Copa (agresións, tánganas, insultos...) está xa olvidado? Por que ocorreu esto?

Que posibilidades ten o Bergan de seguir en Terceira?

Benvidos!

Moi boas! O proxecto de La Voz del Deporte, en Radio Voz Bergantiños, dispón dende hoxe dun esperanzador fillo (ou filla, por aquelo da paridade). Pensamos que sería unha boa idea abrir unha posibilidade á participación para que todos poidamos compartir o día a día do deporte na Costa da Morte. Dos equipos da Liga da Costa, si, pero tamén do baloncesto ou do balonmán. Non será este un blogg informativo, senón de análise, de entendemento e, por suposto, de crítica. É un blogg libre. Non fai falla sequera delatar o nome. Só é preciso respecto e tolerancia (vaia, que bonito quedou eso). É o VOSO blog. Vos dirixiredes o futuro deste aparello. Ánimo e quentade a cholla esta, que vai moito frío!