martes, 25 de septiembre de 2007

A Xornada: e ti que opinas?


O Cerceda perdeu na casa
O Bergantiños segue coa súa excelente xeira
O Laracha volveu perder
Paiosaco, San Lorenzo e Dumbría perderon
Braulio, adestrador do Soneira, saiu ao campo e fixéronlle un penalti que lle deu a victoria ao seu equipo.
O Sporting Zas fixo un bo partido pero non logrou gañar
O Cee perdeu e o Ponteceso é líder da Segunda
O Xallas lidera a Terceira.
Toni Lorenzo e Arturas lideraron a victoria do Básquet Xiria.
Agencia AM gañou con contundecia en Vigo
O Playa da Serra empatou na casa.
Foches a algún partido esta fin de semana? Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

viernes, 21 de septiembre de 2007

A nova fichaxe de Calvo Xiria, en Radio Voz


O arxentino Sebastián Álvarez acudiu aos estudios de Radio Voz Bergantiños para dirixirse á afección do Calvo Xiria de balonmán, onde xogará esta temporada.


GOLPE FRANCO, OS XOVES EN LA VOZ DEL DEPORTE



Os adestradores dos dous prinicipais equipos de balonmán da Costa da Morte acudirán á tertulia dos xoves en La Voz del Deporte. Toni García (Camariñas) e Marcos Rodríguez (Calvo Xiria) compartirán cos oíntes as traxectorias dos dous equipos na temporada.

jueves, 20 de septiembre de 2007

O lituano de Básquet Xiria, en Radio Voz


A fichaxe estrela do Xiria para esta temporada, o lituano Arturas Kaubrys, elexiu Radio Voz como primeiro medio de comunicación para presentarse ante a afección. Trátase dun pívot de 2.07 e 24 anos (7-4-83) formado nunha escola de baloncesto tan prestixiosa como a lituana. Kaubrys deu o salto a profesionais no Neptunas, da primeira división lituana, no que compartiu enfrontamentos con equipos tan prestixiosos como o Zalguiris Kaunas ou o Lietuvos Rytas. Alí estivo durante o período 2001-2005 disputando a Liga Lituana e a Liga Báltica. No ano 2005 pasou ó Nafta, da Segunda división, co que conseguiu o ascenso á Primeira o pasado mes de xuño.
Que vos parece a súa fichaxe?

lunes, 17 de septiembre de 2007

Que foi o mellor da xornada?

O Cerceda acadou outra remontada.
O Bergantiños fixo o nunca visto nas Eiroas: 6-0.
O Laracha ía perdendo no minuto 30 por 3-4 e acabou cunha derrota abultada (3-6).
Vistes o derbi entre Dumbría e Sp. Zas?
O Cee apeou con claridade á Esteirana do liderato: 4-0
O segundo gol de Jesús (Xallas) foi impresionante. Alguén o viu?

Comentade a xornada e lerémola en antena.

martes, 11 de septiembre de 2007

Que futuro ten o Bergantiños como entidade?


Que debería de facer a directiva do Bergan para enganchar á afección? Opinade!

A nova programación de Radio Voz

Xa sabedes que estrenamos nova programación. Pretendemos achegarnos máis os uns cos outros, os da radio cos oíntes. Nós con vós. E para eso, precisamente, comezou a andar a temporada de Radio Voz.


En La Voz del Deporte, escoitaredes sempre aos protagonistas. O noso obxectivo non é abrir La Voz de Galicia para poñernos a ler resultados. De 14.15 a 15 horas buscamos a análise coas voces autorizadas para compartir con todos vós as sensacións dos partidos e do día a día deportivo. La Voz del Deporte se reencontrará xa que logo cos seus analistas deportivos. Xa os coñecedes. Son un luxo para Radio Voz poder contar con eles. Os martes, na Área de Fútbol, estarán Manuel Varela Bardanca, José Antonio Silveira Sánchez, Antonio García Añón «Tonecho» e José Manuel Ferreiro, que darán un repaso á actualidade de Bergantiños, Cerceda, Laracha, Zas, San Lorenzo, Dumbría ou Soneira, entre outros. Os mércores teremos coma sempre a Zona Básquet con, entre outros, Víctor Melini e Joaquín Moreira; e o xoves Toni García e Marcos Rodríguez, os dous adestradores dos principais equipos da comarca, comporán a tertulia de balonmán, Golpe Franco.

Nas tertulias, tamén podedes participar vós. Non o dubidedes. Somos unha radio libre e aberta para todos. Podedes chamar en directo ao 981 70 22 00 ou 981 70 30 02. Contade co contestador de Radio Voz Bergantiños, 981 75 70 52, co correo electrónico carballo@radiovoz.com e con este foro de opinión. Escribídenos ou chamádenos para opinar, suxerir ou enviarnos os vosos comunicados de actividades deportivas.

Nova andaina
Para o equipo de Radio Voz Bergantiños, o inicio do novo curso radiofónico supuxo, amais de volver a ver vellos amigos e colaboradores, madrugar un pouco máis do habitual. A semana comezou con forza, achegando a información local ós oíntes da Costa da Morte a partir das oito da mañá, a nova hora de inicio do magazín Voces de Bergantiños, conducido por Cris Souto e coa dirección técnica de Juanjo Vales.
Ademais do novo horario, regresaron as tertulias de actualidade despois dun descanso estival. Xosé María Arán, Juan Cancela e Pedro González analizaron o porqué da mala reputación do colexio Xesús San Luis Romero de Carballo e denunciaron, unha vez máis, o abandono do patrimonio arquitectónico, cultural e arqueolóxico da comarca. Entre toda esta riqueza descuidada están as casas rectorais do 25 por cento das parroquias da Costa da Morte.
A Festa da pataca, que se celebrará a vindeira fin de semana, foi o tema tratado por Luis García no retorno das Voces do Agro , que permanece atento a todas as novidades e avances do sector agrario. No espazo de onte estivo o produtor do famoso tubérculo de Coristanco José Antonio Pose Sande.
Ao longo de toda a semana iranse incorporando os colaboradores habituais do magazín e haberá sorpresas, coma o sorteo en directo, mañá mércores, dos premios da promoción de verán do Centro Comercial Aberto de Carballo. Este sorteo é habitual en Radio Voz Bergantiños. Dende hai varios anos, os comerciantes carballeses elixen a emisora máis veterana da Costa da Morte para traerlle ventura aos seus clientes.

A emisora é a primeira da comarca e xa cumpriu 22 anos dando servizo ao Fisterra galego.

Radio Voz é vosa. E La Voz del Deporte a casa de todos.

viernes, 7 de septiembre de 2007

O Básquet Xiria, esta temporada

Que vos parecen os reforzos do Básquet Xiria? Credes que o clube debería fichar algún xogador máis? Que credes que ocurrirá esta temporada?