lunes, 31 de marzo de 2008

"Foron 40 minutos longuísimos"

Imaxe. Roi Fernández (La Voz)


O fisterrán César, xogador do Santa Comba, sufriu onte unha arrepiante lesión no partido fronte ao Lemos: rotura de peroné e ligamentos. O futbolista relatou eses momentos en Radio Voz: "Foron 40 minutos longuísimos… Agadar así, con tanta dor… eu vía as estrelas. Non sentía nin as mans nin as pernas do frío que tiña. Eso si, a xente de Monforte portouse xenial. No hospital, cando me sacaron a media vin a cara dun directivo, logo botei unha ollada á miña perna e vin o óso de fóra". O presidente do Santa Comba, José Gerpe, laiouse do moito que tardou a ambulancia: "O 061 díxome que no hospital de Monforte hai só unha ambulancia e estaba ocupada e que había que chamar a Chantada".

Ademáis, en Berdillo armouse unha boa no partido ante o Dorneda: tres expulsados locais e unha denuncia ante a Garda Civil por agresión, segundo os colexiados, dun afeccionado á xuiza de liña. "O que fixeron este ano os árbitros co San Lorenzo é incrible", asegurou Roberto Fuentes, director deportivo do clube.

Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

miércoles, 26 de marzo de 2008

O sorteo da Copa da Costa, o día 3 en Baio

Tal e como adiantou La Voz de Galicia, a Federación Galega de Fútbol confirmou que o sorteo da Copa da Costa realizarase o día 3 de abril en Baio.

O acto, que comezará ás 20.00 horas, terá lugar nunha sala do pavillón municipal baiés. Nesta edición poderán competir un total de 36 clubs. Se non hai baixas, na fase previa intervirán oito conxuntos, que xogarán as súas eliminatorias os días 13 e 20 do próximo mes.

Os equipos que en principio competirán son o Bergantiños, de Preferente Autonómica; Soneira, Sp. Zas, Dumbría e San Lorenzo, de Primeira Autonómica; Cee, Ponteceso, Castriz, Fisterra, Muros, Monte Louro, Carnota, Baio, Camariñas, Corme, Porteño, Sofán, Esteirana, Malpica, Nantón e Buño, de Segunda, e Xallas, Corcubión, Muxía, Santa Comba B, Lira, Vimianzo, Mazaricos, Cabana, Corcoesto, O Pindo, Coristanco, Cerqueda, Alcaián e Atlético Pereiriña, de Terceira.

Quedan fora o Bergantiños B e o Dumbría B, ao participar os seus primeiros equipos.

O prazo para acudir á Federación Galega de Fútbol, na Coruña, e darse de baixa na Copa concluirá o 2 de abril.

martes, 18 de marzo de 2008

O xoves, programa especial desde Camariñas

O equipo de La Voz del Deporte desprazarase o xoves cara Camariñas, co gallo da XVIII Mostra do Encaixe, dende onde ofreceremos un programa especial. Estades convidados!!

lunes, 17 de marzo de 2008

Os partidos decisivos: cal e area

Esta fin de semana xogábanse varios partidos decisivos ante rivais directos para o futuro das súas respectivas competicións. O Rhino´s Xiria caeu na casa fronte ao Chantada (59-73) e afástase lixeiramente da loita polos primeiros postos. Mentras, o Agencia AM cedeu o liderato ao Hierros Diego no partido que os dous equipos disputaron en Baio (66-80).
Deses partidos "chave", o que mellor saiu parado foi o Calvo Xiria de balonmán, que gañou con autoridade en Carballo ao Seis do Nadal (34-25), polo que o grupo que dirixe Marcos Rodríguez aúpase á segunda posición.

Por outra banda, o Cerceda sufre a súa cuarta derrota consecutiva, o Bergan empata e o Laracha cae derrotado. No derbi da Primeira, o Zas e o Soneira empataron (1-1).

Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

martes, 11 de marzo de 2008

O venres, especial Zas-Soneira


Hoxe emitimos un programa especial co partidazo da xornada de Primeira: Zas-Soneira. Na imaxe podedes ver, de esquerda a dereita, a Lerma (porteiro do Soneira), David (xogador do Zas) e Berto (adestrador do Zas). Además, o técnico do Soneira, Braulio, entrou no programa desde A Coruña.

lunes, 10 de marzo de 2008

O Calvo Xiria quedou co derbi en Camariñas: 30-33

Imaxe: Ana García (La Voz de Galicia)
O Calvo Xiria derrotou ao Balonmán Camariñas en Ponte do Porto nun partido cheo de emoción e rivalidade. A expulsión do camariñán Quin foi un dos asuntos más controvertidos do derbi.
Que che parece o partido? E o resultado? Opina!

O Cee, campión da Liga da Costa

Foto obtida da web oficial do Cee
O Cee proclamouse por fin campión da Liga da Costa tras gañarlle ao Castriz por 4 a 1. Hoxe, Radio Voz emitirá un programa especial cos protagonistas.
O Cee foi xusto campión? Opina!


jueves, 6 de marzo de 2008

A Liga de Peñas intermunicipios, todos os martes

A partir de agora, La Voz del Deporte ofrecerá os martes un tempo adicado á Liga de Peñas intermunicipios. Queremos destacar o bó fútbol e a intensidade cos que se vive a temporada deste campionato.

A familia de Radio Voz



Radio Voz celebrou onte o tradicional xantar cos colaboradores. Gracias a todos por converternos, co voso esforzo e o dos oíntes, na emisora de referencia da Costa da Morte.

lunes, 3 de marzo de 2008

Cee: toca sufrir

Pasan os partidos e o Cee aínda non pode cantar o alirón. Está a só unha victoria, pero esta non chega. Na pasada fin de semana empatou co Porteño e ata marrou un penalti (1-1). O Ponteceso gañou, sufrindo tamén (3-2), co Camariñas, así que toca agardar... E a próxima xornada: Cee-Castriz!

Por outra parte, o Bergan e o Laracha gañaron con autoridade, mentras que o Cerceda perdeu contra pronóstico fronte ao Céltiga no Roxo.

Rhino's e Agencia AM solucionaron os seus compromisos con victoria.

Ah, e a próxima fin de semana, o balonmán celebra o clásico comarcal: Camariñas-Calvo Xiria.

Que vos parece o que pasou? E o que pasará? Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.