miércoles, 26 de marzo de 2008

O sorteo da Copa da Costa, o día 3 en Baio

Tal e como adiantou La Voz de Galicia, a Federación Galega de Fútbol confirmou que o sorteo da Copa da Costa realizarase o día 3 de abril en Baio.

O acto, que comezará ás 20.00 horas, terá lugar nunha sala do pavillón municipal baiés. Nesta edición poderán competir un total de 36 clubs. Se non hai baixas, na fase previa intervirán oito conxuntos, que xogarán as súas eliminatorias os días 13 e 20 do próximo mes.

Os equipos que en principio competirán son o Bergantiños, de Preferente Autonómica; Soneira, Sp. Zas, Dumbría e San Lorenzo, de Primeira Autonómica; Cee, Ponteceso, Castriz, Fisterra, Muros, Monte Louro, Carnota, Baio, Camariñas, Corme, Porteño, Sofán, Esteirana, Malpica, Nantón e Buño, de Segunda, e Xallas, Corcubión, Muxía, Santa Comba B, Lira, Vimianzo, Mazaricos, Cabana, Corcoesto, O Pindo, Coristanco, Cerqueda, Alcaián e Atlético Pereiriña, de Terceira.

Quedan fora o Bergantiños B e o Dumbría B, ao participar os seus primeiros equipos.

O prazo para acudir á Federación Galega de Fútbol, na Coruña, e darse de baixa na Copa concluirá o 2 de abril.

No hay comentarios: