miércoles, 30 de abril de 2008

Radio Voz, co ascenso do Calvo Xiria

La Voz del Deporte contará entre o xoves e o venres todos os detalles da Fase de Ascenso a Primeira Estatal. O Calvo Xiria xógase en Oviedo un capítulo máis na súa brillante historia.
Os adestradores rivais pasarán polo programa o xoves día 1 e nos avanzarán a situación na que chegan á fase.
O adestrador e os xogadores carballeses compartirán, xa dende Oviedo, as súas impresións con nós o venres día 2.

Forza Xiria!

domingo, 27 de abril de 2008

As novas camisetas do Bergantiños

Tal e como adiantamos o venres, a constructora Riotorto patrocinará ao Bergantiños o que queda de temporada e a próxima.

sábado, 26 de abril de 2008

A nosa primeira chamada dende o estranxeiro


Velaquí o rostro do primeiro oínte que nos saúda dende o estranxeiro. Como sabedes, onte inauguramos as emisións a traverso de Internet. Nada máis anuncialo, Manuel Bello Míguez , natural de Sofán e veciño de Reading (Inglaterra), tivo a xentileza de chamar durante as emisións de La Voz del Deporte e saudarnos. Manuel é conductor de autobús, como vedes na imaxe. Mil gracias, Manuel! A ver se mantemos o contacto.

E se ti tamén nos escoitas dende o estranxeiro, escríbenos unhas letras, oh, que nos fai moita ilusión. Saúde para todos!

viernes, 25 de abril de 2008

Xa podes escoitar Radio Voz Bergantiños por Internet

Na marxe dereita tes un reproductor onde podes escoitar as emisións en directo de Radio Voz Bergantiños.

lunes, 21 de abril de 2008

O Agencia AM, de festa en Radio Voz


O adestrador Joaquín Moreira e o capi Oscar achegáronse aos estudios de Radio Voz para compartir cos oíntes o ascenso do Agencia AM.

Santa Comba B, Lira e Malpica, adiante na Copa da Costa

O malpicán Diego marcou un golazo no desconto que certificou a eliminación do Fisterra nun partido igualadísimo. O Lira sufriu para eliminar ao Pindo: no minuto 25 marcaba Kiko, do Pindo, e os de Sil xogaban cun menos. O Santa Comba B fixo valer a condición de local para desfacerse do Cerqueda. Iso si, tivo que ser na prórroga, cando Miguel Ribeiro e Martín deron o pase (3-0, dous deles, na prórroga).

O AM, ascendido!



Os de Moreira e Lee gañaron dun só punto en Allariz. Pero gañaron que era o importante, porque a derrota de Rosalía en Betanzos permítelle ao Agencia AM de Baio acadar o ascenso e facer historia.

Hoxe, en Radio Voz, os heroes de Baio festexarán o seu éxito cos oíntes. Se queredes felicitalos, chámanos en directo: 981 70 2200 e 981 703002

martes, 15 de abril de 2008

Calvo Xiria, contra asturianos, cántabros e extremeños

Tal e como vos prometín no programa de hoxe, aí vos deixo os nomes dos equipos que disputarán o ascenso á Primeira Estatal de balonmán co Calvo Xiria:

Do 2 ao 4 de maio
Sector B: Oviedo
Universidad de Oviedo
Lasalle Grupo Pinta de Torrelavega
Cáceres 2016

Máis información, aquí

lunes, 14 de abril de 2008

O Dumbría goleou e na Copa da Costa gañaron Cerqueda, Lira e Fisterra

O Dumbría demostrou que quere seguir na Primeira e goleou ao Orillamar (0-3). En A Ponte do Porto estano festexando, claro.
E na Copa da Costa, a fase previa deixou estes resultados nos partidos de ida:
Cerqueda - Santa Comba B 1-0
Lira - O Pindo 4-2
Fisterra - Malpica 3-2

Que vos pareceu a xornada?

domingo, 13 de abril de 2008

O Calvo Xiria, á fase de ascenso!!

O Calvo Xiria de balonmán logrou en Cangas a victoria que necesitaba (28-32) no último partido de Liga para acadar unha praza para disputar a fase de ascenso. Un equipazo! Felicidades a todos!!

Felicita ao Calvo Xiria de balonmán e dálles ánimos para lograr o ascenso. Leremos os vosos comentarios en antena.

lunes, 7 de abril de 2008

O Santa Comba B ascende; o Muxía quédase

O empate do Muxía e a victoria do Santa Comba B permiten ao equipo de Luis Facal ascender á Segunda. Nesta categoría, a Esteirana comparte a zona de descenso con Buño e Nantón.

Pola súa parte, o Cerceda empatou, e o Bergan mailo Laracha perderon. O Rhino´s confirmou a permanencia na EBA ante o Xixón (89-58) e o Agencia AM desfíxose sen problemas do pechacandelas Val de Lemos (97-47). Ademáis, a falta dunha xornada, o Calvo Xiria de balonmán é segundo tras derrotar por un gol ao Oleiros (31-30).

viernes, 4 de abril de 2008

Falece o presidente do Sporting Zas

O presidente do equipo de fútbol Sporting Zas e da empresa de construcións Gonalva, Óscar Álvarez González, de 29 anos de idade, foi atopado morto onte ás tres da tarde no soto da súa empresa. A autopsia que lle practicaron a última hora da tarde na Coruña determinará as causas da súa morte.
O fútbol da Costa da Morte permanece conmocionado. Óscar Álvarez era unha persoa moi coñecida no pobo e querida e respectada no mundo do deporte da bisbarra. Este ano fíxérase cargo da presidencia do club deportivo de Zas.