jueves, 29 de mayo de 2008

Carlos Brizzola, novo adestrador do Bergan

Como xa adiantaramos, Chus Baleato e Carlos Brizzola eran os dous nomes que barallaba a directiva do Bergantiños para adestrar ao primeiro equipo. Baleato renovou polo Compos e agradeceu o interese do clube carballés. Así, Carlos Brizzola consolidouse como o grande preferido da directiva e finalmente converteuse no novo técnico.

Que vos parece a chegada do arxentino ao Bergantiños?

martes, 20 de mayo de 2008

Chus Baleato, hoxe en Radio Voz

É un dos nomes que soan no entorno do Bergantiños. A ver que hai de verdade en todo iso. Saberémolo hoxe.

lunes, 19 de mayo de 2008

As impactantes reaccións que se emitiron hoxe

La Voz del Deporte centrouse hoxe na situación do Bergan, eliminado da Copa da Costa, e o Cerceda, fora dos play-offs de ascenso:

Bossa, xogador do Bergantiños: "Por primera vez sentí vergüenza tras un partido de fútbol"

Súa, adestrador da Esteirana: "No partido de ida, o Bergantiños pareceume coma un equipo de Terceira Autonómica".

José García Liñares, alcalde de Cerceda e ex presidente do clube: "Eu seguramente tería cesado a Vara. Por suposto, non teño nada contra el, pero creo que o responsable máximo do que pasou non debería seguir"

viernes, 16 de mayo de 2008

A axenda do Bergan: Baleato e Brizzola

Chus Baleato, adestrador do Compos, e Carlos Brizzola, adestrador do Laracha, son os primeiros candidatos a sentarse no banco do Bergantiños.

miércoles, 14 de mayo de 2008

José Antonio Moreira, hoxe mércores en Radio Voz

No programa de onte, José Cotelo, o presi do Bergan, deu un bó repaso á situación do clube. Anunciou que Moreira xa non será adestrador do primeiro equipo para a próxima campaña. José Antonio Moreira acudirá hoxe aos estudios de Radio Voz para conceder a primeira entrevista tras coñecerse a decisión do clube. A partir das 14:20, logo do informativo, en La Voz del Deporte.

martes, 13 de mayo de 2008

José Cotelo, hoxe en Radio Voz

O presidente do Bergantiños analizará o pasado, presente e futuro do clube:
-Marcha Moreira?
-Que calificativo se lle pode dar á situación do equipo?
-Que pasou con Javi Antelo?

lunes, 12 de mayo de 2008

Javi Antelo, adestrador do Bergan na Copa da Costa... ata o venres pasado


Venres, 9, 14:20, en Radio Voz: "Estou aquí para aprender. Chamoume Moreira e eu axudareille ata o final, pero se me din que colla a porta e marche fareino"

Venres, 9, pola noitiña, Javi Antelo decide abandonar o clube por discrepancias co entorno bergantiñán.

Que vos parece? Se queredes participar na tertulia do martes: 981 70 22 00 e 981 70 30 02. Ou deixa un comentario no blog.

... E ollo, porque esta semana podería haber máis novidades. Permanecede á escoita...

sábado, 10 de mayo de 2008

A incrible flexibilidade de Roi Vega



Aí tedes ao xogador do Rhino's Roi Vega cunha flexibilidade extraordinaria. Xa vedes, esta é unha das claves da temporada do equipo carballés: excelente ambiente e grande forma física!!!

viernes, 9 de mayo de 2008

Javier Antelo, hoxe venres en Radio Voz

Como moitos de vós tedes preguntas sobre o futuro de Javi Antelo á fronte do Bergantiños na Copa, o programa de hoxe venres día 9 analizará a situación co propio adestrador.
Ademáis, hoxe falaremos tamén co fisterrán Pesca, que como sabedes milita no Trofense da Segunda portuguesa. Pesca e o seu equipo acadaron un feito histórico: o ascenso deste modesto club á Primeira Liga portuguesa. O Trofense está, ademáis, a un só paso de proclamarse campión de Segunda se puntúan na última xornada esta fin de semana.
Non vos perdades o programa de hoxe!

miércoles, 7 de mayo de 2008

El Chiki-Juane




Velaí vos vai o novo baile de Baio. Non, non me refiro a Chimo, senón ao novo movemento que fai furor nas pistas da bisbarra. Con vostedes, Juane, un dos heroes do ascenso de Agencia AM. xa vedes, un tío estupendo, como todo o equipo baiés. Que siga a festa!!!

domingo, 4 de mayo de 2008

O Calvo Xiria xa é equipo de Primeira Estatal!!

O equipo de Marcos Rodríguez vén de proclamarse campión da fase de ascenso de balonmán disputada en Oviedo.
O domingo, a festa está camiño de Carballo.
O luns, a festa estará en Radio Voz, en La Voz del Deporte.
Chámanos se queres en directo e felicita aos campións: 981702200 e 981703002. Ou déixanos unha mensaxe.