miércoles, 30 de enero de 2008

Un de Golmar que adicou toda a vida á radio


Moncho Viña, ao fondo, acompañado polo alcalde de A Laracha e Adrián Menéndez


O programa do martes foi moi especial. Foi un paseo polos recordos e a nostalxia. Moncho Viña, o gran Moncho Viña, xubilouse. Naceu en Golmar (A Laracha) hai Xg"hd2$ anos. A súa traxectoria en RNE e TVE convérteo nun referente na historia do xornalismo galego.O deporte non se comprendería sen a voz de Moncho Viña. No programa do martes, ademáis de Moncho, Adrián Menéndez e o alcalde José Manuel López Varela, estiveron Mauro Silva, nunca conexión desde Brasil, Arsenio Iglesias, o mítico Juan Barro, o compañeiro Alfonso Hermida, Fernando Romay, o seu veciño Antonio García Añón,...
O pobre Moncho chegou a Radio Voz enganado polo alcalde e por Adrián. Non sabía nada do que ía pasar. Foi un día moi emocionate. Marabilloso. Espero que vós, os oíntes, disfrutarades do programa.

martes, 29 de enero de 2008

O Bergan é cuarto e Pesca, a Portugal

A victoria contra o Viveiro posiciona ao equipo na zona alta. Manterase?
Que pensades do futuro de San Lorenzo e Paiosaco?
Que lle pasa ao Bergan B?

O fisterrán Pesca ficha polo Trofense, o líder da Segunda portuguesa. Onte estivo con nós el máis o adestrador, que está encantado coa fichaxe. Triunfará Pesca en Portugal?

Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 21 de enero de 2008

Que lle pasa ao Dumbría?

O Sp Zas levou o derbi ante os dumbrieses.
O Bergan xa sabe gañar fóra de casa.
O Laracha caeu co Somozas. Que vos parece que o Montañeros reclamara a Huelves e Colón?
O San Lorenzo vai levantando cabeza tras gañar con claridade ao Eume.
E que me comentades de Koke Rama? 37 puntos co Rhino's!!

Opina ou critica sobre estes ou outros partidos. Adiante. Déixanos o teu comentario e lerémolo en Radio Voz.

lunes, 14 de enero de 2008

Que vos parece o novo céspede das Eiroas?

E as victorias de Cerceda e Laracha?
E a do Soneira en Dumbría?

Manterá a liña o Rhino´s tras a última victoria?
E no balonmán: derrota do Camariñas e victoria do Xiria. Que vos parece?

jueves, 10 de enero de 2008

Que vos parece que o Bergantiños solicitara a suspensión...

... do seu partido na última xornada?
Foi unha boa medida de presión?
Credes que o campo estará listo para recibir ao Compos?