Un ano máis (e van oito), José Manuel Ferreiro retransmitiu para Radio Voz a tradicional final. Nesta edición o acompañaron nos comentarios Berto, adestrador do Zas (primeiro pola esquerda); Manolito, adestrador do Porteño (terceiro); e o ex colexiado internacional Raúl García de Loza.
Vístes o partido de onte? Que vos pareceu? E tras o encontro... Quen é o voso favorito?
Que vos parece a nova camiseta do Xiria de basket? Velaí tedes un boceto (aínda que o branco mudará a prata na versión final). O patrocinador apostou forte polo equipo: catro temporadas.
Hoxe tivemos as nosas primeiras visitas ao blog dende terras lonxanas. Saúdos a Georgia e California, en EEUU, e ao Reino Unido. Escribide e explicádenos que tal por aí!! Que facedes? Sodes da Costa da Morte? Cajo na tos... parezo xornalista...
E grazas a todos os que estades a entrar diariamente neste punto de participación. E non vos cortedes, opinade, que para eso estamos. Logo, esas opinións lerémolas en antena.
Xa temos nova enquisa na que podedes participar (na marxe dereita). Pero ide contestando: Que final prognosticades? Haberá sorpresas? Xa hai un claro favorito?
Se queres contactar connosco a traverso do Skype, non o dubides, únenos á tua lista de contactos. Somos RadiovozBergantiños. Se es da Costa da Morte encantaríanos saudarte dentro da nosa porgramación local.
Que che parece a destitución de Moreira?
Quen é o favorito na Copa da Costa?
As seccións
Luns A Xornada. Resumo da fin de semana. Todos os protagonistas.
Martes Liga de Peñas intermunicipios, con Manolo Rama. Área de Fútbol (Tertulia con Antonio G. Añón, Carlos Ortiz, J. Manuel Ferreiro, J. Antonio Silveira,...)
Mércores Zona Básquet (Tertulia con Jorge Puñal, Joaquín Moreira, Víctor Melini, Diego Rivas,...) / Fútbol de Veteráns, con Modesto Parga.
Xoves Golpe Franco (Tertulia sobre balonmán, con Marcos Rodríguez, Toni García,...)
Venres A Previa da fin de semana: os protagonistas, os horarios, os sancionados,...
La Voz del Deporte é un programa que emite Radio Voz Bergantiños (99.8 FM) de luns a venres, a partir das 14:15 h., e está presentado por Iago García, coa conducción técnica de Juanjo Vales. Este blogg únenos a vos. Opina, critica, aconsella, rectifica... Sempre, claro, con respecto.